domingo, 31 de enero de 2016

DÍA DA PAZ

O pasado día 29 de Xaneiro, celebramos no noso cole o Día da Paz.

Estivemos toda a semana ocupadísimos pois todos os nenos e nenas do cole escribimos unha mensaxe de paz e a metemos nunha botella para colgalas nas árbores do patio e así facer "O bosque da paz".

Os de tres como somos pequenos escribimos a palabra "PAZ" pero os demais escribiron mensaxes moi bonitas.

Se queredes podedes visitar o bosque cando queirades e se non podedes aqui tedes un par de videos onde saimos preparando a actividade e disfrutando todos xuntos deste día.




miércoles, 27 de enero de 2016

MURAL DOS CÍRCULOS

Acordádesvos de cando a profe mandounos buscar círculos na nosa casa e traelos ó cole?


Pois con eles fixemos un mural chulísimo.

 

Primeiro, a profe cortou un cartón moi grande e entre todos pintámolo coas mans de cor amarelo.



Despois, pouco a pouco e coa axuda da profe fomos pegando todos os círculos que trouxemos.



























Listo, quedounos chulísimo!!!







 Mirade, mirade!!! Ata o colgamos na clase!!!


MONECOS DE NEVE

Aquí estamos facendo os nosos monecos de neve. Pasámolo de marabilla enchendo os calcetíns de arroz e colocándolle ollos, bufanda e demais complementos.



sábado, 23 de enero de 2016

VISITA DO PAXE REAL

O día que nos visitou o Paxe Real estabamos súper nerviosos. As nosas cartas estaban preparadas para metelas no buzón real.

O paxe deunos caramelos e quedamos encantados con esta visita.

Esperando que cheguen os Reis outra vez!!!