martes, 20 de diciembre de 2016

As cores dos continentes

Xa sabedes que este ano o noso proxecto de centro é "Tod@s xogamos" no cal estamos a traballar os deportes olímpicos e as olimpiadas.

Investigando nas aulas descubrimos que as cores dos aros olímpicos representan a cada un dos continentes.

Por iso fixemos un mural no que coloreamos cada continente da súa cor. Foi moi divertido e quedou precioso.








miércoles, 14 de diciembre de 2016

Abecedario por equipos (1ª parte)

Cada mércores, os nenos e nenas da clase de catro anos facemos un abecedario pero non é un abecedario normal pois o facemos por equipos de xeito cooperativo.
A profe reparte unha letra a cada equipo e nos temos que ir coloreando un debuxo que leva esa letra e tamén temos que repasar a palabra pero temos que facelos entre todos e para iso imos turnándonos e cada un fai un pouquiño.

Nos encanta esta actividade, disfrutamos moitísimo con ela pois estamos descubrindo a importancia de facer as cousas entre todos e axudarnos.