miércoles, 14 de diciembre de 2016

Abecedario por equipos (1ª parte)

Cada mércores, os nenos e nenas da clase de catro anos facemos un abecedario pero non é un abecedario normal pois o facemos por equipos de xeito cooperativo.
A profe reparte unha letra a cada equipo e nos temos que ir coloreando un debuxo que leva esa letra e tamén temos que repasar a palabra pero temos que facelos entre todos e para iso imos turnándonos e cada un fai un pouquiño.

Nos encanta esta actividade, disfrutamos moitísimo con ela pois estamos descubrindo a importancia de facer as cousas entre todos e axudarnos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario